Quén somos e por qué facemos isto

 

A idea de crear esta páxina nace, como outras boas ideas, nun bar, diante dunha cervexa. Dous amigos, Borja e Carlos, ideólogos e creadores deste sitio, falabamos de que nos faltaba un sitio en Internet onde coñecer a actualidade de novos grupos de música que nos interesaran. No noso caso, eses grupos soen estar fóra do ámbito máis comercial da música. Todos sabemos ao que nos referimos, hai unha grande cantidade de grupos e compositores cun tanlento incrible que teñen difícil chegar o gran público sinxelamente porque non lles dan unha plataforma para elo. E pensamos, ¿Por qué non creamos esa plataforma? Así de sinxelo e así de ambicioso. Ese foi o comezo de acaixa musical.

Acaixamusical é unha plataforma de reproducción de audio e video na que os usuarios poden dar a coñecer e distribuila súa música, publicar noticias, compartir videos  e, en definitiva, dar promocióm ao seu proxecto musical de forma totalmente gratuita.

Esto é só o comezo, seguiremos a traballar duro para crear un sitio cada vez mellor e, coa vosa colaboración, conseguirémolo.

Para calquera dúbida, consulta, petición ou calquera cousa que se vos ocurra podedes poñervos en contacto connosco en:

Contacto

Saude e Rock&Roll !!! E Ska !!! E Hip-Hop !!! E Jazz !!! E Folk !!! E....

Tratamos que este sitio sexa o máis atractivo posible.

Algunha suxerencia?

Colaboradores